ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

COMUNICADO DE ALVARO MUÑIZ TRAS SER DESPEDIDO DO NUPEL GLOBAL RACING

"Transcorridas 72 horas desde ser despedido do Nupel Global Racing, e ante a falta de información aos medios por parte do que até agora era o meu equipo, véxome obrigado a emitir un comunicado dando resposta á multitude de chamadas recibidas. Hei de dicir que as primeiras noticias que teño acerca do meu despedimento chéganme a través de varios afeccionados ao longo do pasado Rally de Ourense, sendo o domingo cando Luís Moya reúnese comigo para facelo oficial, baseándose en motivos persoais e nunca profesionais, o que non deixa de sorprenderme. Pola miña banda quero deixar claro que deixei o meu traballo anterior ao ser contratado como Director de Competición da "Luís Moya Rally School" e como piloto do Ford Festa S2000. Tan só dous meses despois, apartáronme do meu posto na LMRS e dixéronme que a partir do segundo rally pasaría a competir coa Festa R2. Cumprín o meu compromiso ao 100%, a pesar dos diversos cambios nas miñas obrigacións, pondo todo o meu empeño en lograr os mellores resultados e dar a mellor imaxe competindo, con calquera que fose o coche. Pido desculpas por non pronunciarme até o momento, pero co ánimo de resolver esta situación da mellor forma, ofrecín ao Nupel Global Racing a posibilidade de que fosen eles quen redactasen e emitisen un comunicado, algo que non foi así e por iso non me quedou outra solución que explicar tanto aos medios como á afección cal é a miña situación actual. Quero deixar claro que estarei eternamente agradecido ao equipo, pola oportunidade que me brindou desde o meu debut con eles no Rally de Ourense de 2009. A pesar de que esta relación non terminou da forma que a min me gustase, deséxolles o mellor de face o futuro en todos os seus programas. A partir deste momento traballarei para conseguir que a miña carreira deportiva siga adiante, máxime cando o próximo rally do campionato, o de Ferrol, dispútase na miña terra, cunha afección que me mostrou un apoio total e ante o cal tiña posta a maior das ilusións."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba