ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

O EQUIPO ACSM QUERE RECUPERAR POSTOS NA TOP-TEN PIRELLI

Tras a saída de estrada sufrida no pasado Rallye Rías Baixas, do certame estatal, o ACSM RALLYE TEAM chega a Narón disposto de novo a lograr situarse nas prazas de cabeza da proba, do Grupo e Copa Top-Ten e para iso tanto Alex Pais, como o seu copiloto, farán todo o posible para que as secuelas físicas que aínda sofren do accidente acontecido na proba viguesa non afecten o rendemento do equipo.
"Imos facer todo o posible por estar arriba, aínda que xa estamos case completamente recuperados da saída de estrada de Vigo aínda temos algunhas molestias que nos poden afectar, pero despois de ver como todo o equipo envorcouse para conseguir estar na saída de Narón, non podemos fallar e saír a por todas dentro das nosas posibilidades. O coche desmontouse despois do accidente e todos están a facer un traballo incrible para ter todo listo, por iso quero agradecer o enorme esforzo que toda a xente realizou para poder correr en Narón, que ademais é a casa do noso principal patrocinador: ACSM e do patrón do equipo, José Cubeiro, polo que o mellor regalo que lle podemos facer é saír e lograr un bo resultado no rallye da súa casa" comenta Álex Pais ante a proba que o próximo fin de semana achega o Campionato de Galicia de Rallyes á provincia da Coruña.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba