ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA ABANDONA EN OURENSE POR PROBLEMAS NOS FREOS

Despois de ceder moito tempo nunha picada, os graves problemas de freos obrigan ao equipo a abandonar a falta do último tramo.

Con moita ilusión chegaba Alberto Meira e todo o seu equipo ao Rali de Ourense, a segunda das citas do miniprograma que o piloto de Vincios está a realizar no Campionato de España cos neumáticos Pirelli. Alberto comentaba de feito antes do rali que "Montamos unha caixa de cambios, freos e diferenciais novos no coche, para afrontar con garantías un rali tan longo como este."

No entanto, durante o primeiro tramo un problema cos pedais (unha peza do soporte do acelerador torceuse e ás veces quedaba trabada baixo o pedal de freo) impedía a Meira concentrarse do todo no inicio. Unha vez emendada esa deficiencia, Meira-Bañobre comezaba a recuperar terreo e manter unha dura pugna cos principais rivais da súa categoría: Enrique García Ojeda (16 segundos por diante) e Pedro Burgo (a só 3).



O copiloto, Álvaro Bañobre, comentaba ao mediodía que: "Tal e como está o rali, con esta calor e tipo de tramos, os Súper 2000 son inalcanzables. O noso obxectivo vai estar en loitar por ser o mellor dos coches da categoría N plus. Tivemos algúns problemas de freos, e imos cambiar os discos."

Unha picada no tramo do "Canón do Sil" custaríalle ceder dous minutos e toda opción a manterse na pelexa, aínda que a vantaxe acumulada anteriormente permitíalle manterse na sexta praza. A partir de aí o obxectivo sería ante todo terminar a carreira, obxectivo que non podería alcanzarse debido a que o coche quedou literalmente sen freos no penúltimo tramo. Na meta do mesmo, Alberto comentaba que "Levámonos un gran susto, cando o pedal de freo veuse abaixo. Os freos xa non aguantan máis, e non imos saír ao último tramo porque o risco que imos asumindo é inaceptable. Non quero saír a un tramo nestas condicións, porque se que imos ter un accidente e non só nos pomos en perigo os que imos no coche, senón tamén a xente que nos está animando."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba