ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

DANI SORDO O CITROËN JUNIOR TEAM

Nun conciso comunicado Citroën Sport anunciou que Dani Sordo, pasará ao equipo Junior nos restantes rallyes do Mundial excepto os de asfalto. Pola súa banda, o recente vencedor en Portugal, o francés Sébastien Ogier, entrará a reforzar a Loeb, no equipo oficial da marca gala. Isto á parte dunha labazada moral para Dani Sordo, pode ser o preludio dunha decisión máis dura para o cántabro.

No seo do equipo español, esta medida tomouse máis que como un castigo, como unha liberación, para non ter que estar pendente de tomar puntos para a marca e ter as mans libres para tentar conseguir mellores resultados. Verase.

Esperemos que Dani Sordo, que se rumoreaba podería deixar de correr con Marc Martí, o cal cara a un Rallye de Finlandia non é ningunha boa noticia para o cántabro, pode encarrilar a súa situación. Porque cantos de sirena aparte, Citroën é sen dúbida o mellor equipo do Mundo. O problema no futuro é, que no equipo Junior, Dani poida seguir contando co mellor material, como foi o caso até agora.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba