O piloto inglés de Skoda foi atendido nun centro hospitalario de Oristano despois do accidente que sufriu na primeira especial do Rally de Italia Sardeña, quinta ronda do Intercontinental Rally Challenge.Wilks e o seu copiloto Phil Pugh saíronse co seu Skoda Fabia S2000 da pista a gran velocidade nunha curva de esquerdas no quilómetro 8,4 dos 28 dos que constaba a primeira especial do día no Monte Grighine. O coche terminou a 40 metros da vía e despois de sufrir varios impactos frontais contra as rocas, pero non chegaron a envorcar.
Aínda que Pugh resultou ileso, Wilks foi trasladado en helicóptero a un hospital na cidade de Oristano ao ter dores nas costas. Wilks ingresou ás 9:45 hora local e tras realizarlle distintas probas detectouse que ten fracturadas a primeira e a segunda vértebra lumbar, segundo confirmou o equipo Skoda.
O piloto inglés explicou desde a cama do hospital o sucedido: "Tivemos unha boa posición de saída polo que estaban a presionar duro. Chegamos a unha curva, e un erro nas nosas notas fíxonos saírnos da estrada a gran velocidade. Iso foi todo. Estou molesto por estar nunha cama de hospital en lugar de estar en aí correndo. Obviamente é frustrante estar lesionado e non competindo porque perdín unha gran oportunidade. Estou moi decepcionado polo equipo", sinalou o piloto que aínda non sabe o período exacto de recuperación.
0 comentarios:
Publicar un comentario