ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALBERTO HEVIA QUERE FACERSE CO LIDERATO EN OURENSE

O 43º Rallye Ourense, será o escenario onde Alberto Hevia e Alberto Iglesias deberán confirmar as súas excelentes actuacións previas e tentar facerse co liderado do certame nacional. Tras a súa vitoria no pasado Rallye Rías Baixas, o piloto asturiano afronta a proba ourensá con todas as garantías para realizar unha brillante actuación.

O Rallye de Ourense, con corenta e dúas edicións xa disputadas, é unha das probas clásicas do Campionato de España de Rallyes e diputarase practicamente na súa totalidade o sábado 19 de Xuño, pero presenta a novidade dun tramo espectáculo a celebrarse o venres pola noite nas proximidades da cidade de Ourense,o que achegará sen dúbida emocións adicionais para o numeroso público que se espera que siga a proba. Este tramo, que discorrerá polas rúas da Cidade do Transporte, disputarase sobre asfalto, pero conta con pequenas porcións sobre terra, o que aumentará aínda máis a súa espectacularidade.
Tras este tramo, que probablemente non creará grandes diferenzas, o sábado disputaranse máis de douscentos vinte quilómetros cronometrados, nos que realmente se decidirá o resultado final, coa disputa de tramos míticos como San Pedro de Rocas, Vilariño Frio, Luintra ou Cañon do Sil.

O de Ourense é un rallye no que o piloto xa coñece a vitoria, posto que a conseguiu en dúas ocasións, no ano 2004, no que foi tamén Campión de España de Rallyes, e en 2005. Esta é unha das múltiples razóns polas que o piloto de Pola de Siero espera a proba con impaciencia: "O Rallye de Ourense é unha carreira que me gusta moito e dálleme bastante ben, xa que a gañei en dúas ocasións. Ademais, a vitoria no pasado Rallye Rías Baixas, deunos un plus de confianza e motivación, polo que creo que podemos realizar un bo rallye. Habemos ir evolucionando os reglaxes do skoda Fabia S2000 e conseguimos que vaia francamente ben, ademais o noso ritmo de carreira é cada vez mellor, co que espero que podamos bater aos nosos rivais e lograr unha nova vitoria en Ourense, que nos situaría líderes provisionais do Campionato de España. Isto daríanos unha gran satisfacción ao chegar a metade do certame en primeira posición, o que non faría máis que confirmar que estamos no bo camiño para lograr o título, o noso principal obxectivo desta tempada".

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba