ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OS VALLEJO ESTARÁN EN OURENSE

Os afeccionados os ralis están de parabén. O meirense Sergio Vallejo tomará parte o 18 e o 19 de xuño no Rallye de Ourense, quinta proba do campionato de España. Despois de deixar de formar parte do Nupel Rallye Team, co que participou no tres primeiras probas do Nacional, Sergio Vallejo traballa a contrarreloxo para conseguir un coche co que participar en Ourense.

Nun comunicado na súa páxina web, o piloto lucense dá por segura a súa participación na cuarta cita do Nacional. «Estamos a piques de pechar a nosa participación no Rallye de Ourense. Non será cun GT, como moitos afeccionados pedíronnos, pero alí estaremos para continuar con este deporte que tanto nos apaixona. A nosa presenza en Ourense será posible grazas ao apoio de moita xente "anónima a maioría" que está a botar o resto, porque a tres semanas do rallye non tiñamos absolutamente nada. É máis, nin podiamos chegar a imaxinarnos esta situación. A nosa única fortuna é a de estar rodeados por persoas incribles, cunha iniciativa e capacidade de sacrificio tremendas», di.

O seu irmán e copiloto, Diego Vallejo, corrobora as súas palabras. «Estaremos en Ourense. Só falta saber con que coche. O máis probable é que sexa cun N Plus, un Subaru ou un Mitsubishi, pero non descartamos a opción dun S.2000 ou mesmo a dun GT, pero non un Porsche, senón un Ferrari ou un Nissan», sinala.

A opción que manexan os irmáns Vallejo é conseguir un Porsche GT Rallye de cara o vindeiro campionato de España, co que mesmo poderían competir no tramo final da presente tempada.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba