ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LOIX GAÑA SIN PROBLEMAS EN YPRES

O heroe local Freddy Loix consegue a súa sexta vitoria no Rally Ypres Geko converténdose no quinto piloto gañador dunha proba no que levamos de tempada IRC. Ao volante dun Skoda Motorsport, por primeira vez, o belga liderou a clasificación da primeira á última etapa.

Acompañado polo seu compatriota Frédéric Miclotte, Loix arrincou o segundo día de competición cunha escasa vantaxe de 5,8 segundos sobre o Peugeot do británico Kris Meeke, gañador o pasado ano e actual líder da clasificación xeral. Polo que todo facía pensar que ambos os pilotos ían repetir o duelo vivido 12 meses antes.

Con Juho Hanninen fora da loita tras sufrir un accidente que lle obrigou a retirarse o venres, Meeke estaba decidido a aproveitar esta situación para facerse coa súa segunda vitoria de 2010. Pero as cousas non foron ben para o norirlandés ao perder o control do seu coche na saída dunha curva rápida. Por sorte, Mekee e o seu copiloto Paul Nagle saíron ilesos do accidente que marcou a súa cuarta retirada da tempada.

A pesar do accidente de Meeke, a presión non abandonou a Loix, o piloto de 39 anos podía adoptar unha pilotaxe menos arriscada, pero baixo ningún concepto podía perder a concentración e manter o bo ritmo durante o resto da etapa á que aínda lle quedaban 190 quilómetros cronometrados. Á parte dun problema cos freos de menor importancia, nada impediu a vitoria do cariñosamente coñecido como 'Fast Freddy' (Rápido Freddy), a cuarta para un Skoda no campionato de 2010 e a primeira coa renovación do Fabia.

A retirada de Meeke deu a segunda posición ao compañeiro de Loix, Jan Kopecky que terminou a 22.1 segundos e a terceira ao home de Peugeot Thierry Neuville que entrou en meta a máis de 2 minutos do belga.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba