O conglomerado alemán, Volkswagen, esta cada vez máis preto de chegar ao WRC (farao no 2012). Desde hai varios anos que este rumor aparece en todos os portais. E non é casualidade, xa que agora coa chegada do Scirocco, e cos cambios que terá o WRC no 2011, Volkswagen está é cada vez máis preto de entrar.A chegada da firma faríase factible no 2012, debido a que ten pensado colocar todo o seu esforzo no Dakar 2011, novamente. A idea, e as ganas de que a firma entre é moi grande, pero Volkswagen non é como outras marcas, xa que ten todo ben pensado, e organizado, en cada competencia que participa.
Kris Nissen, comunico o seu gran interese no WRC, pero dixo que por agora non, xa que colocará todo o diñeiro e as ganas no Dakar. El explicouno desta maneira: "No 2012 os motores de 1.600cc con turbo estarán plenamente instaurados na competencia, por iso ese ano é ideal."
O Scirocco é un dos mellores candidatos para o 2012, pero o Polo, e o Golf tamén poden ser. Dise que Carlos Sainz, podería ser o xefe de equipo, con Dani Sordo e Nasser Ao-Attiyah como pilotos titulares (rumor).
0 comentarios:
Publicar un comentario