ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALBERTO MEIRA PODRIA CORRER EN CATALUNYA

Tempos de gloria para Alberto Meira, quizais de anhelos cumpridos se nada se lle torce. O piloto de Vincios está a vivir aos seus 33 anos a súa mellor tempada. Lidera con gran solvencia o Campionato Galego de Rallyes e gañouse o aprecio de Pirelli, provedor dos seus neumáticos. Tanto que os responsables da marca o apoiarán nas súas participacións no Campionato de España e queren que participe no Rally de Cataluña. Sería a estrea de Meira nunha cita do Mundial. "O que soñaba o día que me comprei o meu primeiro coche", confesa.
As perspectivas eran ben diferentes antes de acenderse os motores. "A idea a principios de tempada era estar centrados no Campionato Galego", lembra Meira. "O orzamento estaba por definir e é unha época complicada para lograr patrocinios". A campaña debía ser outra aventura, como as moitas emprendidas no pasado: "Isto é cousa dun grupo de amigos, que traballan e achegan o que poden. Ninguén cobra nada, salvo o mecánico, que fai máis do que debe", di da xente sobre a que se apoia.
Ese esforzo está a obter o seu premio. O seu Mitsubishi Lancer Evo X arrasa. Meira gañou as dúas primeiras probas do Campionato Galego. Lidera a clasificación con 525 puntos, por diante de José Martínez (359) e Luís Vilariño (322). O seu domino resulta igual de esmagador no "Trofeo Pirelli Driver Center", organizado este ano en Galicia. Os seus 660 puntos son inalcanzables para Andrés Cal (445), Javier Cousiño (408), Yago Varela (398) e Alejandro Pais (375).
Pirelli mantén unha actitude de total equilibrio respecto dos pilotos que disputan a súa competición. Conscientes, con todo, da superioridade de Meira, apostan por el para outros eventos. A firma italiana escolleuno como o seu piloto nas probas que dispute do Campionato de España. Meira previu en principio disputar as galegas: Rías Baixas, Ourense e Ferrol. Xa non parece tan desatinada a idea de completar o próximo ano todo o calendario. De feito, gran parte do orzamento dedícase a pneumáticos e ese apartado estaría cuberto.
Pero é outra posibilidade a que acende nos seus ollos unha expectación infantil. Pirelli axúdalle e anima a que complete o financiamento necesario para participar no Rally de Cataluña o próximo mes de outubro. Alí abriría camiño ou seguiría as trazadas de Loeb, Hirvonen, Sordo... "Sería algo incrible".

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba