ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VETTEL CONSIGUE O ANSIADO TRIUNFO

Sebastian Vettel logrou unha inconstestable vitoria no Gran Premio de Malaisia, por diante do seu compañeiro de equipo Mark Webber e do Mercedes de Nico Rosberg. Con este dobrete, Red Bull logra resarcirse do seu difícil inicio de campionato e Vettel se aúpa á terceira posición no Mundial, empatado a puntos con Fernando Alonso.

Precisamente, o español representa a cruz desta carreira: sufriu problemas no seu embrague desde o inicio da carreira e, aínda que loitou como un jabato para manter un ritmo próximo ao dos líderes, finalmente o seu motor dixo basta a falta de dúas voltas para o final, cando ocupaba a oitava posición.

O gran beneficiado deste problema de Fernando foi Felipe Massa, que salgue de Sepang como líder do Mundial en solitario, dous puntos por diante de Alonso e do vitorioso Vettel. Massa non demostrou un ritmo comparable ao do Red Bull, pero logrou remontar desde a vigesimoprimera posición até a sétima: o brasileiro soubo sacar ouro dun Gran Premio que se expuña moi difícil para el e agora encabeza unha clasificación xeral onde os sete primeiros están separados por tan só nove puntos.

Volvendo á carreira, Nico Rosberg cruzou a meta nunha excelente terceira posición que lle catapulta até a quinta praza do campionato, empatado a puntos con Jenson Button. O alemán de Mercedes mantívose afastado das loitas durante toda a carreira, pero o seu ritmo si foi veloz e constante. Algo similar ocorreulle a Robert Kubica, cuarto clasificado final cun sorprendente Renault R30.

Por detrás de Kubica, empeza o festival: Adrian Sutil conquistou unha meritoria quinta praza para Force India tras conter os ataques de Lewis Hamilton durante o último terzo da carreira. A elevada velocidade punta do VJM03 foi a mellor arma do piloto alemán para manter ao McLaren ás súas costas, pero Hamilton pode estar contento a pesar de todo: terminou sexto tras tomar a saída desde a vixésima posición en grella. Agora, o Campión Mundial de 2008 ocupa a sexta posición no mundial, un punto por diante de Robert Kubica, pero só oito por detrás do líder Felipe Massa e a tan só catro do seu compañeiro Jenson Button, que hoxe foi oitavo.

A mellor noticia para a afección española tráea esta vez Jaime Alguersuari, noveno clasificado final, que marca os seus dous primeiros puntos no Mundial de Fórmula 1. O catalán de 20 anos foi superior ao seu compañeiro de equipo e mesmo se permitiu o luxo de realizar un par de adiantamentos moi apurados, un feito que demostra a progresión de Jaime na categoría reina e o acerto de Toro Rosso ao elixirlle como piloto oficial para esta tempada 2010.

Moito peores noticias tráenos Pedro de la Rosa, que rompeu o motor Ferrari do seu Sauber antes mesmo de tomar a saída. É unha mágoa para o barcelonés, pero si sumámoslle o abandono do seu compañeiro Kobayashi e a rotura de Fernando Alonso, atopámonos cun problema quizá máis preocupante: tres motores Ferrari hanse avariado neste GP de Malaisia, algo que non pode repetirse ao longo do Mundial si pretenden loitar pola vitoria final.

Entre os equipos novos, Lucas dei Grassi logrou o mellor resultado cun décimo cuarto posto, mentres que ambos os Hispania viron esta vez a bandeira a cadros, e por diante do Lotus de Jarno Trulli.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba