ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA DEFENDERÁ O LIDERATO EN NOIA

A tentar seguir o refacho
Despois de gañar nos dous primeiros ralis da tempada, Alberto Meira e Álvaro Bañobre queren manter en Noia o seu incrible refacho de resultados, e afirman que "A estratexia será, como sempre, o pelexar pola vitoria absoluta. Despois dos resultados obtidos até agora somos optimistas, aínda que nas carreiras anteriores xente como Ares ou Barreiro deixou claro que non vai resultar fácil vencerlles. O mesmo pódese dicir de Manuel Senra, que reaparece neste Rali Ría de Noia e que no seu Peugeot 306 Maxi sen dúbida vai ser un óso durísimo de roer."

En busca de reunir o orzamento
Sobre os motivos deste sensacional inicio de ano, Meira alude que: "O Lancer Evo X que estreamos este ano é un coche que nos permitiu mellorar as nosas actuacións, e estou moi contento co coche. Tamén resultou moi positiva até agora a experiencia cos neumáticos Pirelli que empregamos este ano. No entanto creo que tampouco podemos, nin moito menos, lanzar as campás ao voo. Está claro que me encantaría ser Campión Galego de ralis, e que a cousa pinta ben de momento, pero hai que ir paso a paso porque a tempada é longa e, de feito, nin sequera é fácil o alcanzar o orzamento para completala, polo que en breve comezaremos a realizar, unha vez máis, algunhas das iniciativas de merchandising habituais, así como unha nova edición do concurso para buscar un copiloto, que tanto éxito tivo o ano pasado."
RALI DE NOIA

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba