A decisión sobre si fai ou non o Rally de Chipre, o outro rally de superficie mixta terra/grava do IRC, tomarase a finais de agosto. Cicek Guney continuará no seu papel como navegante de Cetinkaya
"Pilotar un Súper 2000 foi o meu soño e o Peugeot foi un coche moi exitoso no IRC as últimas tempadas polo que é unha boa opción", dixo Cetinkaya "Ademais, o apoio e a cobertura de Eurosport dá á IRC é moi bo e moi importante para os meus patrocinadores. É unha das principais razóns polas que elixín o IRC."
Cetinkaya non é allea á competición no IRC e xa competiu no rally checo e o belga no 2009, aínda que só foron dúas probas soltas e non un paquete completo como esta ocasión
Ela ten previsto facer test sobre terra e asfalto nos próximos meses na preparación da súa participación no IRC
0 comentarios:
Publicar un comentario