ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LOEB SUMA OUTRO TRIUNFO EN XORDANIA

O piloto francés Sebastien Loeb (Citroën) selou unha vitoria moi valiosa no Rally de Xordania, xa que ao seu triunfo, o segundo consecutivo, uniuse o accidente do seu máximo rival na loita polo Mundial, Mikko Hirvonen (Ford), polo que se distanciou en busca da súa sétima coroa consecutiva.

Loeb empolicouse o venres ao liderado e este sábado manexou con experiencia unha vantaxe que sempre rodou o medio minuto respecto de Jari-Mari Latvala (Ford), segundo na clasificación do Mundial a 25 puntos do galo. Pola súa banda, o español Dani Sordo (Citroën) acabou cuarto en Xordania a case dous minutos do seu xefe de filas.

A última xornada estivo marcada pola guerra de estratexias entre Citroën e Ford, que controlaban o tempo de cada tramo para ver a quen lle tocaba a desvantaxe de abrir pista. Ante tanto control desde a dirección de cada equipos, os pilotos limitáronse a cumprir ordes para defender posicións e non se produciu ningún cambio relevante.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba