Sebastien Loeb sairá o sábado á fronte do Rallye de Xordania cunha vantaxe de 24 segundos tras finalizar a xornada do venres cunha vitoria na segunda pasada pola especial do Río Jordán.Durante a mañá Loeb comentou que quería lograr unha vantaxe de 30 segundos sobre o seu rival de Ford, Jari-Matti Latvala, para así contrarrestar o efecto de varrido provocado ao saír a pista o primeiro no oito tramos do sábado.
Ao final conformouse con 27.7 segundos de vantaxe sobre o finlandés, que é por agora terceiro por detrás de Sebastien Ogier, que inesperadamente se situou en segundo posto.
Este cambio de posición de última hora, o cal Ogier xa dixo que foi intencionado, debería beneficiar a Latvala mañá.
0 comentarios:
Publicar un comentario