ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MANUEL SENRA GAÑA O RALI DA CASA

A afección animouno desde a saída matutina. E el, consciente do apoio social, non defraudou aos seus veciños. O piloto local Manuel Serna impúxose na vixésimo sexta edición do Rali de Noia xunto ao seu copiloto Faustino Suárez, ambos nun Peugeot 306 Maxi. O segundo posto foi para José Martínez Barreiro e Manuel Campos, da escuadra Estradense, tamén cun 306 da marca francesa.Diego Cabanela e Alberto Rodríguez, a bordo dun Mitsubishi Lancer, completaron o podio da competición ocupando o terceiro posto do caixón. Os pilotos Luís Vilariño e Iván Ares, con posibilidades de inicio para alcanzar a vitoria, tiveron que retirarse da proba.A asistencia foi moi similar á do ano pasado, contabilizándose nos tramos percorridos na primeira parte da carreira unha cifra aproximada de 22.000 espectadores, sendo pola tarde 30.000 os asistentes que se congregaron para ver aos 126 pilotos participantes.
Neutralización
Os tramos da mañá finalizaron cun atraso dunha hora e media sobre o horario previsto. O primeiro motivo foi o accidente sufrido por Adrián Díaz e Rubén Cela. Os pilotos foron trasladados por precaución a un hospital compostelán. A suspensión do tramo A2 por culpa dunhas árbores que ocupaban o trazado motivou, por acumulación de tempo, a neutralización doutro tramo, o B2.A competición deixou máis dunha ducia de abandonos, unha cifra que para o director de carreira «é moi pequena, xa que dadas as características rápidas dos tramos resulta unha contía case insignificante».Unha mensaxe positiva que o resto da organización tamén transmitiu ampliando o optimismo ao resto de aspectos relacionados coa competición, tanto deportivos como sociais.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba