ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

RIAS BAIXAS SI SI SI!!!!!

Tras recibir a Escuadra Rías Baixas parte dos apoios necesarios para cubrir o orzamento da carreira

O 46º RALLYE RIAS BAIXAS VODAFONE SEGUE ADIANTE

A cuadraxésimo sexta edición do Rallye Rías Baixas Vodafone celebrarase, como estaba previsto, o fin de semana do 29 e 30 de maio. A escuadra que preside Fernando Mouriño conseguiu "salvar" a proba puntuable para o Campionato Nacional de Rallyes de Asfalto grazas ao apoio recibido por parte de institucións e empresas privadas no últimos dez días.

Desde que se fixo pública a noticia de que a Escuadra Rías Baixas non podía asumir a organización do rallye por non dispor do tempo nin do financiamento necesario para cubrir o orzamento aceleráronse as xestións para conseguir ese diñeiro. "O compromiso e o apoio das administracións e os patrocinadores permítennos ver as cousas con outra perspectiva. Agora que vemos unhas mínimas garantías " asegura Fernando Mouriño " decidimos apostar por sacar adiante a proba".

O presidente da Escuadra Rías Baixas agradece o esforzo da Secretaría Xeral para o Deporte dá Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo, Concellería de Deportes de Vigo e as empresas patrocinadoras, "porque sei que non é fácil buscar recursos en tempos de crises" así como as continuas mostras de agarimo e apoio dos afeccionados aos rallyes.

Dispor dun orzamento máis modesto que en edicións anteriores obriga á Escuadra a recortar gastos e a axustalos en cada detalle. Por iso, aínda non pode confirmar cal será o percorrido da cuadraxésimo sexta edición do Rallye Rías Baixas Vodafone. "Barallamos a idea de reducir o percorrido a 4 tramos a dobre pasada porque pensabamos que nos permitiría recortar moitos gastos, pero despois de analizalo ben xa non creemos que sexa a mellor opción. Estamos a traballar niso".

Verónica García
Prensa Rallye Rías Baixas Vodafone.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba