Tempos de gloria para Alberto Meira, quizais de anhelos cumpridos se nada se lle torce. O piloto de Vincios está a vivir aos seus 33 anos a súa mellor tempada. Lidera con gran solvencia o Campionato Galego de Rallyes e gañouse o aprecio de Pirelli, provedor dos seus neumáticos. Tanto que os responsables da marca o apoiarán nas súas participacións no Campionato de España e queren que participe no Rally de Cataluña. Sería a estrea de Meira nunha cita do Mundial. "O que soñaba o día que me comprei o meu primeiro coche", confesa.As perspectivas eran ben diferentes antes de acenderse os motores. "A idea a principios de tempada era estar centrados no Campionato Galego", lembra Meira. "O orzamento estaba por definir e é unha época complicada para lograr patrocinios". A campaña debía ser outra aventura, como as moitas emprendidas no pasado: "Isto é cousa dun grupo de amigos, que traballan e achegan o que poden. Ninguén cobra nada, salvo o mecánico, que fai máis do que debe", di da xente sobre a que se apoia.
Ese esforzo está a obter o seu premio. O seu Mitsubishi Lancer Evo X arrasa. Meira gañou as dúas primeiras probas do Campionato Galego. Lidera a clasificación con 525 puntos, por diante de José Martínez (359) e Luís Vilariño (322). O seu domino resulta igual de esmagador no "Trofeo Pirelli Driver Center", organizado este ano en Galicia. Os seus 660 puntos son inalcanzables para Andrés Cal (445), Javier Cousiño (408), Yago Varela (398) e Alejandro Pais (375).
Pirelli mantén unha actitude de total equilibrio respecto dos pilotos que disputan a súa competición. Conscientes, con todo, da superioridade de Meira, apostan por el para outros eventos. A firma italiana escolleuno como o seu piloto nas probas que dispute do Campionato de España. Meira previu en principio disputar as galegas: Rías Baixas, Ourense e Ferrol. Xa non parece tan desatinada a idea de completar o próximo ano todo o calendario. De feito, gran parte do orzamento dedícase a pneumáticos e ese apartado estaría cuberto.
Pero é outra posibilidade a que acende nos seus ollos unha expectación infantil. Pirelli axúdalle e anima a que complete o financiamento necesario para participar no Rally de Cataluña o próximo mes de outubro. Alí abriría camiño ou seguiría as trazadas de Loeb, Hirvonen, Sordo... "Sería algo incrible".
Tras case un mes de inactividade, o Campionato de España de Rallyes de Asfalto chegará a terras canarias este próximo fin de semana, co
O conglomerado alemán,
A afección animouno desde a saída matutina. E el, consciente do apoio social, non defraudou aos seus veciños. O piloto local
O mundial de Fórmula 1 pecha a súa primeira parte cun líder sorprendente, e é que ninguén apostaba porque
Sorrisos e bágoas nun final do Rally de Turquía esperado por unha banda, coa incontestable vitoria de 
A tempada 2010 do Campionato de Asturias de rallyes iniciouse este fin de semana coa disputa da trixésima edición do Rallye Vila de Tineo no que venceron o catalán
Tras recibir a Escuadra Rías Baixas parte dos apoios necesarios para cubrir o orzamento da carreira
Aos mandos dun Ford Festa S2000, o español situouse á fronte da categoría na primeira pasada pola especial do Río Jordán, o venres pola mañá. A partir de aí sacou o máximo partido á súa experiencia para realizar unha carreira limpa ao longo dos esixentes tramos de terra de Xordania, situándose así na primeira posición da clasificación provisional do certame.
O piloto francés

O líder do equipo Ford,
O piloto finlandés