ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VETTEL GAÑA EN ABU DHABI

Sebastian Vettel gañou en Abu Dhabi conquistando desta forma o subcampeonato do Mundial de Pilotos e inscribindo o seu nome como primeiro gañador no circuíto de Yas Mariña. Segundo foi Mark Webber, que resistiu os envites de última hora de Button rematando desta forma o dobrete de Red Bull. Alonso, pola súa banda, finalizou a súa etapa en Renault cunha décimo cuarta praza.

O novo piloto de Red Bull dominou a carreira a pracer, sobre todo tras o abandono de Lewis Hamilton por un problema mecánico no seu McLaren, parece ser que cos freos, co que se viu obrigado a abandonar unha carreira que liderou nos seus primeiros compases.

Fernando Alonso, como diciamos acabou décimo cuarto hoxe e pecha unha etapa moi importante na vida do bicampión español. Deixa Renault, que foi a súa casa durante sete anos (fóra de intermedio de McLaren), onde conseguiu os seus dous campionatos do mundo e na que desenvolveu practicamente toda a súa carreira na Fórmula 1. Non dubidamos que a carreira de hoxe sería especialmente emotiva para o asturiano. O ano que vén as cousas serán moi diferentes para Fernando que hoxe sufriu un R29 moi pouco competitivo. Así que Fernando despídese coas esperanzas depositadas na tempada 2010 e no equipo Ferrari.

Ferrari que hoxe perdeu a posibilidade de remontar até o terceiro posto no Mundial de Construtores, pois nin Kimi Raikkonen nin Giancarlo Fisichella conseguiron sumar dous puntos, suficientes para superar a McLaren, xa que a escuadra británica tamén deixa Abu Dhabi coa marcadora baleira polo abandono de Hamilton e a imposibilidade de Kovalainen de gañar posicións desde a remota décimo oitava praza da grella de saída.

Rubens Barrichello e Nick Heidfeld son cuarto e quinto, mentres que Kamui Kobayashi, que se erixe como un piloto prometedor para a próxima tempada, consegue un excelente sexto posto por diante de Trulli e de Buemi, que marca un meritorio punto para Toro Rosso. Jaime Alguersuari non teña un bo fin de semana e tivo que abandonar por fallo mecánico

Pois a tempada acabou en Yas Mariña. Non puidemos gozar de moitos adiantamentos, nin de duelos estratéxicos, pero si dunha carreira que empezou de día e acabou de noite nun escenario espectacular que chegou á Fórmula 1. O ano que vén a cousa será moi diferente para moitos pilotos, e en especial para Fernando e aquí estaremos para contarllo, do mesmo xeito que a intensa pretemporada que nos espera.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba