ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OS BURGO TAMEN GAÑAN O BOTAFUMEIRO

Santiago e os seus arredores foron o lugar onde durante a xornada do sábado o Campionato Galego de Rallyes se despedía polo que respecta a este ano 2009.
Coa presenza da choiva durante toda a proba, os irmáns Burgo demostraron unha vez máis que son o mellor equipo no Rexional e o porque revalidaron esta tempada o título de campións absolutos. Sen nada en xogo, os de Hankook e Café Candelas saíron a correr cun ritmo inalcanzable polo resto de participantes que lles valeu para subirse ao final do día todo o máis alto do podium final e terminar cun broche de ouro a súa participación no Campionato Galego.
Xa desde o primeiro quilómetro Pedro Burgo impuxo o seu ritmo, disposto a deixar sentenciada canto antes a carreira e sen querer deixar marxe para a sorpresa. Nunhas condicións climatolóxicas bastante adversas, con presenza de choiva durante todo o día e os tramos mollados todos eles, os neumáticos de auga de Hankook volveron demostrar as súas grandes calidades e que son unha aposta segura na loita polos primeiros postos.
Os Burgo enseguida marcaron unha considerable diferenza co resto dos seus rivais, tomándose con máis calma os tramos finais do rallye pero sen chegar a ver perigar en ningún momento o seu primeiro posto. Non nos xogabamos nada, porque xa chegabamos aquí como Campións Galegos, pero a pesar diso quixemos saír a por todas para poder brindar aos nosos patrocinadores e aos afeccionados, que a pesar do mal tempo congregáronse nas cunetas, unha última vitoria. Foi un ano complicado, pero o balance final, no que respecta á nosa participación no galego, é bo. Non foi fácil lograr a vitoria final, pero iso xa o sabiamos cando empezabamos a tempada. Co triunfo de hoxe ímonos contentos, sabendo que en todo momento demos o 100%, comentaba Pedro Burgo.
Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba