ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

RAIKKONEN RETIRASE DA F1

O ex campión do mundo Kimi Raikkonen decidiu tomarse un respiro na súa carreira dentro da Fórmula 1 en 2010 para poder disputar algunhas probas do Campionato do mundo de Rallyes.

O representante de Raikkonen, David Robertson, confirmou á BBC que ao non conseguir un bo programa de F1 para o 2010, o finlandés de 30 anos decidiu pasarse aos rallyes, para volver aos Grandes Premios en 2011.

Afeccionado aos rallyes desde hai tempo, Raikkonen debutou no WRC na proba da súa casa, o Rallye de Finlandia, o pasado mes de agosto, onde deu a sorpresa coa súa Abarth Grande Punto S2000. A pesar de sufrir problemas de motor, clasificouse 15º tras saírse de pista o segundo día de competición.

Raikkonen, que gañou o título mundial con Ferrari en 2007, abandonou o equipo ao finalizar esta tempada, tendo un ano de contrato aínda por diante.

Armado cun orzamento multimillonario e ao non lograr callar un programa con outro equipo co que puidese ter opcións de gañar un novo título, Raikkonen decidiu tomarse un ano sabático. "É unha desas persoas que move ficha rapidamente, sinxelamente dixo 'agora centrarémonos nos rallyes,' " explicou Robertson á BBC. "Agora está a tratar de atopar un equipo para o WRC, aínda que aínda non hai nada pechado."

O copiloto de Raikkonen, Kaj Lindstrom, dixo a wrc.com que seguirán colaborando en 2010, pero non quixo facer comentarios sobre o rumor de que o fixesen cun Citroën C4 WRC.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba