ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

VALLEJO GAÑA EN TERRAS MADRILEÑAS

O piloto lucense do Nupel Rallye Team, Sergio Vallejo, que acaba proclamarse campión de España de Rallys de asfalto, recoñeceu a Efe que este título era "impensable" hai pouco.

Aínda que xa se proclamou campión na penúltima proba do Rally Costa Brava, Vallejo volveu gañar este fin de semana en Madrid o rally Shalymar, que lle serviu aos seus 42 anos para pechar unha tempada "realmente inesquecible".

Despois de todo o vivido, Vallejo di que queda unicamente "cos bos momentos" que tivo ao longo da súa dilatada traxectoria deportiva. "A vida é así, ao conseguir cousas que hai pouco eran impensables fai que che esquezas dos malos momentos", razoou.

A próxima tempada case con toda seguridade non pilotará o Porsche deste ano e terá que facelo coa marca que achegará vehículo oficial ao equipo para o Campionato do Mundo.

Admite que o Porsche é un coche que nos deu moito e ese é un recordo que nos quedará", aínda que, advirte, que "no deporte, como en case todo, vales o último que feixes".
Agora quere parar dous días para recuperarse plenamente e logo continuar preparando a próxima tempada, na que volverá competir no Campionato de España e é probable que corra unha proba do Mundial.

Cando chegue o mes de marzo e volva rodar polo asfalto das probas españolas, Vallejo di que "haberá que 'resetear' e empezar de cero coa autoestima suficiente para pelexar", concluíu.
Fonte :Agencia Efe

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba