Unha tempada que Luís Vilariño quere deixar atrás, posto que a falta de fiabilidade mecánica impediulle loitar máis a miúdo polos postos de honra. O piloto de Palas afrontou a segunda metade de ano co obxectivo de facer quilómetros e adaptarse ao Renault Maxi Megane, un vehículo co que empezou a competir na terceira carreira do campionato, e que ademais de ser moi esixente co piloto, non lle permitiu acabar máis que dúas carreiras. Segundo o propio Vilariño "Doeme non poder facer máis quilómetros ao longo deste ano, para coñecer cada vez máis o coche, co que estou encantado das súas prestacións, pero que a miúdo tivo pequenos fallos e avarías parvas, que nos deixaron fóra de carreira, a pesar de que me consta o esforzo e bo facer do meu equipo. Como se adoita dicir, as carreiras son así, pero o certo é que teño ganas de deixar atrás esa mala serie."Esa mala serie á que alude Vilariño parecía atopar o seu fin no pasado Rallye Ourense Baixa Limia, onde o dúo Vilariño-López cultivou a terceira praza. Agora no Rali do Botafumeiro ambos terán unha máis que nutrida competencia: "-Burgo, Meira, Senra, Penido, Villar" é xente que corre moito e que leva bos coches. Por iso mesmo faríame especial ilusión lograr un bo resultado. Quero pechar este ano cun bo sabor de boca, e tentar ir a por o Campionato en 2010."
0 comentarios:
Publicar un comentario