ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LUIS MOYA CREARÁ UNHA ESCOLA DE PILOTOS

O director deportivo do Nupel Team, equipo que se proclamou campión de España de Rallyes de asfalto, Luís Moya, trasladou hoxe á deputación de Lugo un proxecto para impulsar unha escola de pilotos, no que será unha iniciativa pioneira a nivel mundial.


A escola levará o nome do propio Luís Moya e foi el mesmo quen comentou, no transcurso dunha recepción oficial ao equipo fronte ao palacio provincial, que se trata dunha iniciativa que constitúe "un motivo de orgullo", xa que, aseverou, "non hai nada igual en España nin a nivel mundial".

Moya entregou o proxecto ao presidente, José Ramón Gómez Besteiro e vicepresidente da deputación, Xosé Antón Bao, onde aparece explicitada a intención de situar este centro de aprendizaxe na localidade de Rábade.

A intención é que comece a funcionar o próximo mes de marzo e a Escola de Perfeccionamento de Técnicas de Condución foi a encargada de desenvolver a parte didáctica.

Declarou logo a EFE que a idea está "no bo camiño", aínda que, recoñeceu, "queda moito traballo por diante, aínda que toma cada vez máis corpo".

Preténdese chegar aos 1.000 alumnos o primeiro ano en función das sondaxes que se elaboraron e que concluíron que existe "unha boa demanda".

Os alumnos acudirán ao centro un fin de semana, onde realizarán actividade física, traballarán en simuladores e o domingo recibirán técnicas condución no circuíto.

Inicialmente, a escola comezará a súa actividade no circuíto de karting da Pastoriza (Lugo), pero preténdese asentar a súa base en Rábade cun circuíto de 800 metros.

Tamén confirmou que o equipo correrá o próximo ano, con Xevi Pons como piloto, as 7 probas do mundial de Rallys na copa Super 2000, que pasará a ser categoría única no 2011, cando desaparecerá a copa World Rallye Card.

Desta forma, o Nupel Team acudirá aos Rallys de: Méjico, Xordania, Nova Zelandia, Portugal, Alemaña, Francia e Inglaterra. Ademais, correrán, aínda que fóra da S-2000, o Rally de Cataluña, no que tamén participará o actual campión de España de Rally de asfalto, o lucense, Sergio Vallejo.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba