ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

PREVIO 41º RALLY DE FERROL-HANKOOK

Dous días de competición, venres e sábado, oito tramos contra o cronómetro e case 500 quilómetros de percorrido esperan este fin de semana ao setenta participantes na 41.ª edición do Rally de Ferrol, sexta proba puntuable para o Campionato de España da especialidade, un certame que lidera o piloto asturiano Alberto Hevia.

Precisamente o poleso Hevia, gañador da edición do ano pasado, parte como favorito dunha cita na que os seus máximos rivais non serán Fuster, Vallejo ou Pons, senón o local Pedro Burgo. Este, que tamén sabe o que é gañar o Rally de Ferrol, correrá co Ford Festa S2000 do equipo Nupel.

Sen dúbida, o coñecemento do terreo será o mellor aliado do piloto galego, que deixou aparcado o seu habitual Lancer Evo X + para participar co coche que antes pilotaron Sergio Vallejo e Xevi Pons. Ambos estarán ausentes, o primeiro por falta de orzamento e montura e o segundo por atoparse correndo o Rally de Alemaña, proba puntuable para o Campionato do Mundo.

Fronte a Hevia e Burgo os máis rápidos serán o 207 S2000 do asturiano Jonathan Pérez e os Mitsubishi Lancer Evo X +, que para esta ocasión reforzáronse con Miguel Fuster e o praviano José A. Suárez.

Nesta categoría están os rápidos galegos Víctor M. Senra, Alberto Meira e Diego Cabanela e causan baixa Enrique G. Ojeda e Xavier Lujua. O primeiro clasificado da categoría N+ é Fran Cima,que segundo novas de ultima hora,e apesar de estar inscrito na lista oficial,tamen será baixa neste rally por motivos de orzamento.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba