ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA ENTRE OS MILLORES ATA O ABANDONO

Alberto Meira volveu medirse de ti a ti cos mellores pilotos do Campionato de España de Ralis. O piloto vigués estivo na loita por un posto no podio do Rali de Ferrol ata que no primeiro tramo da segunda etapa sufriu un toque no frontal do seu EVO X, a resultas do cal se danou unha condución do intercooler, o que lle obrigou a abandonar no seguinte sector de ligazón para evitar unha avaría de maior consideración no propulsor do seu Mitsubishi.

Meira e Bañobre competían de novo co seu Mitsubishi Lancer Evo X en especificacións "N-plus" e desde o primeiro tramo demostraron que o seu ritmo estaba,unha vez máis, ao nivel dos mellores do certame nacional. De feito, na primeira especial, San Sadurniño, Meira ía camiño de marcar o scratch ata que unha picada (foto) preto de meta fíxolle perder un tempo precioso, marcando, aínda así, o quinto mellor crono, a apenas oito segundos do rexistro máis rápido.

Un segundo scratch na segunda pasada polo mesmo tramo, unido a bos tempos nas outras dous especiais da primeira xornada, permitían ao vigués completar a primeira etapa na cuarta posición da xeral, a só un segundo da terceira praza.

Abandono cando loitaba polo podio

Tras os bos cronos logrados na primeira etapa, Alberto Meira e Álvaro Bañobre afrontaban os tramos do sábado pola mañá coa firme intención de subir ao podio de Ferrol. Desafortunadamente, no complicadísimo "Vilarmaior-Irixoa" que abría a segunda xornada de competición, Alberto non podía evitar un toque no frontal do seu EVO X ao derrapar sobre unha zona moi sucia nun das numerosos cruces do percorrido da especial. Aínda que Meira conseguía completar o tramo, facíao perdendo máis de dous minutos e, por tanto, toda opción a seguir na loita pola terceira praza. Ademais, unha vez inspeccionados os danos, piloto e copiloto comprobaban como se rompeu un manguito do intercooler o que, de seguir adiante, significaba un importante risco para a mecánica, polo que non quedaba máis remedio que deterse no sector de ligazón e dicir adeus á súa participación no Rali de Ferrol.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba