ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

"HEVIA"GAÑA EN FERROL TRAS UN BONITO DUELO CON BURGO

Cando todo parecía decidido, Monfero quixo dar unha última sorpresa. Ao pouco de empezar o tramo, Alberto Hevia sufría un trompo que lle facía perder preto de dez segundos. A pesar de contar con certo colchón con respecto a Pedro Burgo, o poleso que saía con intención de administrar a súa renda no último tramo apuraba o frasco das esencias para emendar o fallo e lograr que ao final Burgo só lle recortase dous segundos. Con isto, Hevia lograba repetir a vitoria final alcanzada o ano pasado, cando debutaba co seu Skoda Fabia S2000.

Na Mitsubishi EVO Cup, o interese centrábase en ver se Victor Senra podería coa presión de ter ás súas costas a todo un campión de España como Miguel Fuster, aínda que o colchón co que contaba o de Dumbría era máis que suficiente para que non lle inquietase para adxudicarse o triunfo, e de paso consolidarse no último chanzo do podium final do rallye.

Máis tranquilo foi o final da Copa Suzuki Swift. Aitor Fernández, líder da xeral, marcaba o mellor tempo no tramo, seguido a case cinco segundos por Pinilla e a máis de sete por Víctor Pérez.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba