ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

DIEGO VALLEJO CORRERÁ CON SORDO EN ALEMAÑA

Dani Sordo trocará o seu compañeiro de viaxe a partir do próximo Rallye de Alemaña. Tras formar equipo durante cinco anos con Marc Martí, ambo-los dous decidiron romper a súa relación de maneira amigable. Por iso na novena proba do mundial será o galego Diego Vallejo o que acompañe o piloto cántabro.

Segundo declarou o propio piloto nun comunicado: "Necesito un cambio dentro do coche. Marc foi un excelente compañeiro durante todos estes anos, alguén a quen estou moi agradecido e con quen aprendín moito, pero ao final cheguei á conclusión que o mellor para miña é que deixemos de colaborar xuntos como piloto e copiloto e eu poida enfocar así doutro xeito a miña carreira deportiva".

A elección de Diego Vallejo vén propiciada porque ambos os dous coñécense a "nivel persoal" desde fai moito tempo, de xeito que a relación humana "é moi boa", declarou Sordo. Ademais engadiu: "fixemos un test para que eu puidese comprobar o seu traballo e tamén como axustábase ás miñas necesidades. Convenceume o seu traballo coas notas, que ademais coñece ben polo labor que veu facendo canda o seu irmán Sergio como ouvreur. Estou convencido que será un bo copiloto para miña nesta decisiva conxuntura".

Diego Vallejo, de 37 anos, é o actual Campión de España da especialidade e conta cunha longa experiencia acompañando diversos pilotos en coches e rallyes de todo tipo. Tras algún novo ensaio en territorio español para seguir profundando na toma e lectura de notas, Dani Sordo e Diego Vallejo iniciarán os recoñecementos do próximo Rallye Alemaña os días 17 e 18 de agosto, paso previo á disputa do rallye teutón que se correrá con base en Trier entre os días 20 ao 22 de agosto.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba