ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

"BERTI" HEVIA ATACARÁ O NACIONAL NO ANIVERSARIO DO SEU ESTREO CON SKODA

A terceira proba galega do Campionato de España de Rallyes, o 41 Rallye Ferrol, siginificará o primeiro aniversario en competición do binomio formado por Alberto Hevia e o seu Skoda Fabia S2000, polo que será a primeira vez que o asturiano repita nun rallye co vehículo checo. Este feito e o grato recordo do debut vitorioso do pasado ano farán deste rallye unha carreira moi especial para Alberto Hevia, Alberto Iglesias e todo o equipo Skoda Rallyes.

Un ano de carreiras cuxo balance é excelente, xa que en dez participacións conseguíronse tres vitorias (Ferrol e Llanes en 2009 e Rias Baixas en 2010) e cinco podiums (Príncipe de Asturias e Costa Brava en 2009 e Villajoyosa, Canarias e Ourense en 2010), cun só abandono (Cantabria 2010), o que demostra unha vez máis as excelentes prestacións e fiabilidade do Skoda Fabia S2000, ademais da gran calidade do seu piloto e o excelente traballo realizado por todo o equipo.

Centrándonos na actual tempada, os bos resultados conseguidos fan que Alberto Hevia sexa o líder provisional do Campionato de España de Rallyes a metade de tempada, o que ofrece ao piloto asturiano moi boas espectativas de face á consecución do título nacional, máximo obxectivo de todo o equipo. Por todas estas razóns o piloto de Pola de Siero espera o Rallye Ferrol con impaciencia: "Levamos case dous meses sen competir, e a verdade é que xa teño moitas ganas de que chegue o Rallye Ferrol, posto que ademais é unha carreira que me gusta moito. Esta carreira significou o meu debut e a miña primeira vitoria co Skoda Fabia S2000, polo que ten para min un valor moi especial. Por outra banda, esta tempada esta saíndo todo moi ben e un ano despois do noso debut co Fabia S2000 estamos líderes do Campionato de España, polo que estamos en moi boa posición para conseguir o noso obxectivo a final de ano, que non é outro que o de lograr o título nacional. Para min é moi importante que tras un ano competindo con Skoda as cousas vaian saíndo ben, xa que é a única forma de devolver a confianza depositada neste proxecto a Skoda España, aos nosos patrocinadores e a todos os que apostaron por nós. Esperemos que este ano podamos repetir vitoria en Ferrol, xa que o rallye dásenos bastante ben e adáptase perfectamente ás características do noso vehículo."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba