ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

SUZUKI CONTARÁ EN FERROL CON 19 EQUIPOS

Sete rallies compoñen a Copa Swift que Suzuki, baixo a dirección de Juan López Frade, organiza esta tempada. A monomarca xaponesa está liderada polo galego Pablo Pazo, que se impuxo nos rallies da súa comunidade, Rías Baixas e Ourense. Como non podía ser doutra forma, o cántabro Víctor Pérez impúxose entre os Swift no Rally de Cantabria, onde o catalán Ferran Pujol foi segundo. Este é o piloto que máis promete. O asturiano Miguel Á. Blanco foi de máis a menos, e a pesar do seu abandono en Ourense é 5.º da xeral.

Tras dous meses de vacacións estivais, o Campionato de España inicia a recta final coa disputa da última proba galega, o Rallye de Ferrol e por iso o equipo Suzuki Ibérica Motorsport tamén retoma a actividade.

Na proba ferrolá estarán presentes os dous S1600 de Joan Vinyes/Jordi Mercader e Gorka Antxustegi/Gabri Suárez aos que se sumará a piloto Angela Vilariño convidada pola marca a participar co Swift Gr.A que xa levou Amalia Vinyes en Ourense.
Joan Vinyes chega a Ferrol clasificado na segunda posición absoluta do Campionato de España, a mesma posición que ocupa Suzuki na clasificación de marcas. O obxectivo do equipo será o de manter a posición.
A Copa Suzuki Swift tamén estará presente en Ferrol. Con tres gañadores distintos no tres primeiras probas, as opcións á vitoria final seguen moi abertas. Tras Ferrol, superado o ecuador da Copa, poderían empezar a decantarse os candidatos finais.

De novo Suzuki é a marca con maior compromiso cos rallyes nacionais, xa que 19 dos 54 inscritos no Nacional son Suzuki Swift. Sen dúbida que o de Ferrol será unha festa Suzuki.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba