ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

LOIX LIDERA UN PRIMEIRO DIA DE ABANDONOS EN MADEIRA

O belga Fredy Loix, con Skoda Fabia S2000, lidera o Rallye Viño da Madeira, tras a primeira etapa da sétima proba do Intercontinental Rallye Challenge (IRC).

Este segundo día queda marcado polos abandonos: o primeiro foi o de Bruno Magalhães, no peugeot 207, campeonísimo nacional en título, que tras ter esburacado, na segunda especial do día, tivo unha saída de estrada violenta na seguinte, no salto "dos Terreros ", cando intentaba recuperar o tempo perdido.

Despois, foi o madeirense Bernardo Sousa, no ford Festa, actual líder do Nacional, o ser vítima dun incendio, na quinta especial, durante que, outro piloto do ford, Miguel Campos, foi obrigado a desistir, por avaría.

Luca Rossetti, o italiano que lidera o Europeo (ERC), despistouse, na 12.ª especial, que a organización se vió obrigada a neutralizar, polo seu Abart Punto ter bloqueado a estrada, o mesmo acontecendo na seguinte, coa peugeot de Luís Serrado.

Despois de todo isto, Fredy Loix comanda, con 21,1 segundos de vantaxe sobre Meeke e 22,2 en relación ao outro Skoda Fabia S2000, de Jan Kopecky.

En cuarto, está o Skoda do finés Juho Hanninen, o actual líder do IRC, a 59,6 segundos, sendo quinto o madeirense Miguel Nunes (Peugeot 207 S2000), a 1.35, 6 minutos.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba