ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

MEIRA-BAÑOBRE ESPERAN ESTAR ENTRE OS MELLORES EN FERROL

Despois da boa imaxe que o equipo ofreceu nas súas anteriores participacións no Nacional de Ralis, Alberto Meira confía nas súas posibilidades nesta proba: "-Será dificilísimo repetir un resultado como o segundo posto que obtivemos no Rali Rías Baixas, pero en Ourense xa demostramos que cando as cousas non fallan, podemos rodar nos tempos dos mellores equipos. O de Ferrol é un rali tremendamente complicado, pero confío nas nosas posibilidades e creo que se a mecánica respóndenos, e logramos superar todas as dificultades do percorrido, non é desatinado pensar en que poderiamos acabar entre o cinco primeiros."

Meira e Bañobre competirán unha vez máis a bordo da súa Mitsubishi Lancer Evo X, que de cara a adaptarse á normativa do Campionato de España, presenta unha configuración algo diferente á que habitualmente ten nas probas do Campionato Galego: "-As normas do Nacional permiten o correr baixo a categoría "N-plus" segundo a cal se nos permiten algunhas modificacións na admisión do motor así como en canto a alixeirar peso do coche, que melloran as prestacións respecto de cando corremos no Campionato Galego. A diferenza supón contar nesta carreira con aproximadamente 40 CV máis respecto da potencia dun Grupo N convencional, que é duns 280."

Durante as próximas semanas, Alberto Meira e Álvaro Bañobre atravesarán a fase decisiva do campionato, xa que apenas catorce días despois deste dificilísimo Rali de Ferrol, terán que disputar o Rali San Froilán no que se xogarán moitas das súas opcións a gañar o Campionato Galego, competición que lideraron durante toda a tempada.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba