ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OS HIRMANS BURGO ESTARÁN EN NARÓN

Conseguido. Pedro Burgo consumou a adquisición do coche no que correu as dúas primeiras probas do Galego. O piloto lucense permanecerá ao volante do Ford Focus WRC 2005 despois de haberllo comprado a RMC Motorsport.

Outra das novidades para Pedro Burgo é a recuperación de Cafés Candelas como un dos seus patrocinadores. Agora, en palabras do piloto, o obxectivo é «tentar conseguir máis apoios para facer correr o coche».

O Focus WRC 2005 formaba parte do lote que o Nupel Team traspasou a RMC Motorsport hai dúas semanas. Entón, Roberto Méndez puxo á venda de maneira inmediata o vehículo que Pedro Burgo guiara ao longo deste curso.

Para o lucense, a próxima cita no calendario será o Rali de Narón, no que xa conseguiu o triunfo en tres ocasiones. No entanto, a proba está no beirado debido a que a Consellería de Medio Rural esixe á organización unha serie de garantías como a recollida de lixos.

Sobre o futuro inmediato, Burgo sinala que «pelexaremos o que podamos no Campionato Galego, pero a cousa está difícil porque actualmente non temos orzamento para todas as carreiras». O Focus sufriu un problema no motor no rali de Noia.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba