ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

OGIER GANALLE A PARTIDA A LOEB EN GRECIA

Sebastien Ogier terminou por diante do seu compañeiro de equipo Sebastien Loeb no Rallye Acrópole do WRC.

Ogier que conseguira a súa última vitoria no Campionato do Mundo de Rallyes en Xordania hai dous meses, conseguiu nesta ocasión ser mellor que o seu compañeiro de equipo en Citroën, Sebastien Loeb tras ter unha rifada batalla que chegou até a última especial da carreira grega no Power Stage. Loeb conseguiu dúas vitorias esta tempada en Arxentina e Italia.

O ex campión do mundo junior en 2008, Ogier e o seu copiloto Julien Ingrassian gañaron outra proba para Citroën, desta forma continua o refacho do equipo francés que gañou o últimas seis carreiras disputadas do WRC.

Loeb finalizou segundo, o seu podio número 100 no Campionato do Mundo de Rallyes, mentres que o segundo clasificado da clasificación do mundial de pilotos, Mikko Hirvonen foi terceiro co seu Ford Festa RS WRC.

Dominio inicial de Solberg

O venres comezaba a carreira con liderado de Peter Solberg, que gañando 4 das 6 especiais do primeiro día, lograba unha vantaxe de 51 segundos co seu perseguidor, Loeb, Hirvonen e Ogier quedaban 3º e 4º pouco máis atras, habendo xa un corte de importancia até o 5º clasificado o outro Solberg.

Segunda etapa, novo líder

Ogier atacaba moi forte, favorecido por saír en cuarta posición, coa pista varrida polos de diante. Iso e un erro na segunda especial do día do aínda lider Solberg, facía que Ogier puxésese líder tras a cuarta especial do día. Con todo Loeb pasaba á fronte tres tramos despois, Ogier era vítima do po, e con menos visibilidade, non arriscaba e terminaba tras o seu compañeiro de equipo e actual Campión do Mundo.

Esta situación non lle veu mal, xa que Loeb tiña agora que abrir pista para o último día, feito que lle provocaba un goteo de segundos para que Ogier lograse adiantar a Loeb e certificar o seu triunfo dominando por milésimas na Power Stage, co que sumaba novos puntos para o campionato.

Juho Hanninen gañou na categoría Super 2000 coa súa Skoda Fabia.

S. OGIER .- 4:04:44.3 - 4:04:44.3 0.0 0.0
S. LOEB .- 4:04:54.8 - 4:04:54.8 +10.5 -
M. HIRVONEN .- 4:04:57.8 - 4:04:57.8 +13.5
P. SOLBERG .- 4:05:23.1 - 4:05:23.1 +38.8
H. SOLBERG .- 4:09:59.0 - 4:10:09.0 +5:24.7 (Pen +10,0)
M. WILSON .- 4:11:39.0 - 4:11:39.0 +6:54.7
K. RÄIKKÖNEN .- 4:13:13.7 -4:13:13.7 +8:29.4
J. HANNINEN .- 4:16:19.0 - 4:16:19.0 +11:34.7
LATVALA .- 4:17:33.1 - 4:17:53.1 +13:08.8 (Pen +20,0)
D. KUIPERS .- 4:19:54.4 - 4:19:54.4 +15:10.1

Até 35 clasificados.

Clasificación Campionato do Mundo de Pilotos

Sébastien Loeb (F/Citroën), 146 puntos
Mikko Hirvonen (Fin/Ford), 129 puntos
Sébastien Ogier (F/Citroën), 124 puntos
Jari-Matti Latvala (Fin/Ford), 76 puntos
Petter Solberg (N/Citroën), 73 puntos
Mads Ostberg (N/Ford), 48 puntos
Matthew Wilson (GB/Ford), 36 puntos
Kimi Räikkönen (Fin/Citroën), 24 puntos
Henning Solberg (N/Ford), 20 puntos
Federico Villagra (RA/Ford), 20 puntos

Construtores
Citroën Total, 250 puntos
Ford Abu Dhabi, 195 puntos
M-Sport Stobart Ford, 87 puntos
Petter Solberg, 61 puntos
Ice 1 Racing, 34 puntos
Munchi's Ford, 32 puntos
Team Abu Dhabi, 19 puntos
Ferm Power Tools, 14 puntos
Monster, 8 puntos
Brazil World Rally Team, 1 punto

/Fonte: Com&com - WRC Prensa

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba