ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

FREDDY LOIX GAÑA SIN PROBLEMAS NA SUA TERRA

Non tivo maiores problemas Freddy Loix para proclamarse gañador do rally da súa terra, o Geko Ypres Rally 2011 e que desta forma consegue uns puntos importantes para o Campionato IRC.

Ao finalizar Freddy comentou que "Foi rally un pouco estraño, algúns bos condutores quedaron fóra moi cedo. Hoxe nas últimas etapas fun máis lento, pero estou contento de chegar á meta e gañar. Pero boto de menos a loita que tivemos en anos anteriores con Jan Kopecky e Kris Meeke."

A xornada comezaba cun Guy Wilks tentando darlle caza ao belga pero non puido ser e máis logo de ter unha picada na cuarta especial da xornada na que perdida dez minutos con respecto ao líder. Ao final comentou que "Desafortunadamente non temos o resultado que queriamos, temos que deixalo atrás e esquecer este rally."

Desta circuntancias e a unha condución fina sen moito arriscar á que nos ten afeitos, o frances Bryan Bouffier remontou desde a cuarta praza na que terminou onte para empolicarse ao a segunda posición de podium, o que lle permite manterse arriba no campionato. Mostrábase contento ao final "Estou feliz de estar aquí ao final. Freddy era inalcanzable e as condicións eran difíciles."

A terceira praza do caixón se ha ir a mans de Hans Weijs o que sitúa a Skoda na primeira e a terceira praza para os puntos de marcas. "Realmente moi contento, é moi bo este resultado para o meu. Quero agradecer aos patrocinadores e o equipo o apoio para conseguir este resultado!."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba