ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

BURGO GAÑA EN NARÓN

O equipo formado por Pedro e Marcos Burgo, aos mandos dun Ford Focus WRC, adxudicáronse a edición número 24 do rally Cidade de Narón, proba valedoira para o campionato rexional de rallys de asfalto e que se disputou por estradas da comarca de Ferrolterra.

O equipo da escuadra Miño-Lugo foi o gran dominador da carreira, instalándose na primeira posición no primeiro tramo cronometrado e dedicándose posteriormente a ir aos poucos aumentando a súa vantaxe, logrando unha vez finalizada a carreira unha renda de 45 segundos con respecto ao segundo clasificado.

Ese segundo chanzo do caixón estivo moito máis rifado. Iván Ares e Fernando Rico loitaron durante todo o día por acompañar a Burgo no podio e foi finalmente o de Cambre o que se fixo coa segunda praza ao superar ao de Narón en tan só 600 milésimas de segundo.

Ademais da terceira praza da xeral para Fernando Rico foi a vitoria dentro da Copa Top Ten Driver Pirelli, conseguindo o piloto do Mitsubishi Lancer Evo IX imporse ademais entre os participantes do grupo N.

Cuartos foron os irmáns Pais, cun Lancer Evo X, finalizando a 50 segundos de Rico e logrando tamén desta maneira a segunda praza dentro da Top Ten Driver Pirelli.

O compostelán Luís Penido volveu completar unha carreira moi regular coa súa xa veterano Mitsubishi Lancer Evo VIN, logrando a quinta praza da xeral e impóndose ademais dentro dos participantes do grupo X.

Gran carreira tamén a realizada por Alberto Otero, sexto, ademais de terceiro da Driver Pirelli, en tanto Marcos Canedo, aos mandos dun Citroën C2 R2, acabou oitavo a tan só cinco segundos do seu predecesor e superando en apenas medio segundo ao noveno, Fran Lago, que tamén sobre un Citroën C2 lograba imporse entre os participantes do volante RACC. Pecharon o dez primeiros clasificados Javier Cousiño e Santiago Martínez, cun Mitsubishi Lancer Evo IX.

No resto de copas de promoción destacou a segunda praza de Celestino Iglesias no volante RACC. Roberto Tenreiro, terceiro.

Dentro da Copa Kumho impúxose David García Sanjuán, cun Peugeot 106 GTI, que superou en máis de dous minutos ao segundo, Marcos Díaz, cun Renault Clio, quedando terceiro Miguel Villares cun Peugeot 206 XS.

Así mesmo, Rubén Gandoy impúxose dentro da Racing Sport Yokohama, por diante de Borja Vila e Sergio Sánchez.
Mentres tanto, e entre os abandonos máis significativos sobresaíron os de Luís Vilariño e David Grandal, ambos por saída de estrada.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba