Os próximos 4 e 5 de setembro celebrarase en Lugo unha nova edición do emblemático "Rali San Froilán", proba puntuable para o Campionato Galego da especialidade.O equipo lucense "Antalsis Competición" acudirá a esta proba en busca dun gran resultado, para o que contará con tres vehículos nas súas filas: Sergio Vallejo - Moncho López a bordo dun Skoda Octavia WRC, Luís Vilariño - Cándido Carrera nun Renault Maxi Megane, e Alberto Otero - José Vilas nun Peugeot 206 XS.
Vallejo sairá a esta carreira como un claro favorito á vitoria, tanto polas demostradas calidades ao volante do actual Campión de España de Ralis, como pola máquina a empregar, que será o Skoda Octavia WRC do arteixán Roberto Blach, con tracción total e máis de 350 CV de potencia.
Vilariño compite unha vez máis a bordo da súa Maxi Megane, estando moi motivado para facer un bo papel nunha proba que, como lucense, é moi especial para el. Se o clima mantense seco, pode ter moito que dicir a bordo dun coche que só ten tracción ás rodas dianteiras e ten só 285 CV, pero que a cambio é máis lixeiro e superior no paso por curva a moitos outros dos seus rivais polos primeiros postos da xeral.
Otero competirá unha vez máis dentro do trofeo Volante RACC Galicia, onde callou moi boas actuacións e parte como un dos candidatos á vitoria. O mozo e prometedor piloto de Palas de Rei estreará ademais copiloto, xa que agora é José Vilas quen sentará á súa dereita no Peugeot 206 XS.

A pesar da súa excelente actuación no asfalto alemán, o español reiterou a súa negación a asinar polo momento a súa continuidade no
Os irmáns lucenses, 
De novo unha etapa de domingo que simplemente foi unha xornada de transición na que
Cando todo parecía decidido, Monfero quixo dar unha última sorpresa. Ao pouco de empezar o tramo,
Dous días de competición, venres e sábado, oito tramos contra o cronómetro e case 500 quilómetros de percorrido esperan este fin de semana ao setenta participantes na 41.ª edición do Rally de Ferrol, sexta proba puntuable para o Campionato de España da especialidade, un certame que lidera o piloto asturiano
Sete rallies compoñen a Copa Swift que Suzuki, baixo a dirección de
A Copa Suzuki Swift tamén estará presente en Ferrol. Con tres gañadores distintos no tres primeiras probas, as opcións á vitoria final seguen moi abertas. Tras Ferrol, superado o ecuador da Copa, poderían empezar a decantarse os candidatos finais.
A terceira proba galega do Campionato de España de Rallyes, o 41 Rallye Ferrol, siginificará o primeiro aniversario en competición do binomio formado por
Mentres se espera pola confirmación , Volkswagen poder regresar ao WRC en 2012, o construtor alemán, vai utilizar un Scirocco como un dos coches de seguridade, no Rally da Alemaña.

O finés