ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

WEBBER REPITE O PRIMEIRO POSTO DE BARCELONA EN MONACO

Mark Webber e Sebastian Vettel lograron un incontestable dobrete para Red Bull no Gran Premio de Mónaco, por diante dun brillante Robert Kubica e de Felipe Massa.

O punto de conflito atopámolo na sexta praza, que fisicamente obtivo Michael Schumacher pero que pronto podería pasar a mans de Fernando Alonso se a FIA confirma que o adiantamento que o alemán fixo sobre o español na última curva é ilegal, por producirse na última volta e cando o Safety Car abandonara a pista para deixar aos gañadores cruzar a meta con normalidade.

En principio, e segundo reza o artigo 40.13 do regulamento deportivo da FIA, nesta situación non poden producirse adiantamentos ata que os pilotos crucen a liña de meta.

Desta maneira, e salvo unha sorprendente decisión dos comisarios en contra, Fernando Alonso sairá de Mónaco como terceiro clasificado no Mundial de Pilotos e a tan só tres puntos dos líderes, que son os dous pilotos de Red Bull empatados a 78 puntos. Se finalmente mantivesen o sexto lugar de Schumacher, Alonso tamén chegaría a Turquía como terceiro clasificado no Mundial, aínda que cinco puntos por detrás de Webber e Vettel.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba