ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

O FINAL, LATVALA

Jari-Matti Latvala describiu a súa vitoria no Rallye de Nova Zelanda como algo "incrible", despois de superar a Sebastien Ogier e arrebatarlle o primeiro posto por unha diferenza de 2.4 segundos na que foi a terceira final máis disputada dunha proba do Campionato do Mundo de Rallyes.

O piloto de Ford e o seu copiloto Miikka Anttila empezaron a última especial do rallye, Whaanga Coast, a 6.2 segundos do líder, Ogier, pero adiantáronlle no último parcial cando Ogier fixo un trompo e calou o seu Citroën C4 a tres curvas do final. Foi así como Latvala alzouse coa súa primeira vitoria desde o Rally de Italia-Sardegna, fai case 12 meses.

O dramático tramo final levou consigo outro xiro dos acontecementos no Rallye de Nova Zelanda, xa que Loeb situouse líder tras a especial de Che Hutewai, pero chocou contra unha árbore no seguinte tramo. Perdeu case 50 segundos no incidente e as súas opcións de vitoria, a pesar da súa épica remontada desde o sétimo posto.
Ao chegar á asistencia final en Auckland, Latvala comentou: "Isto é incrible. Falei con Malcolm Wilson [o xefe de equipo de Ford] antes do último tramo e díxome que seguise como ía. Tentei non correr demasiado ao comezo da especial para non cometer erros. No último parcial hei visto que ía a 2.7 segundos do líder e quixen probar. Pero ao final non mo podía crer."

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba