ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

SOLBER DOMINA A PRIMEIRA XORNADA DO WRC DE NZ

Solberg, ao volante do seu C4 privado, mantivo o liderado nos dous primeiros tramos, pero caeu á cuarta posición por detrás do compañeiro de Loeb, Dani Sordo, para recuperar terreo de novo pola tarde ao gañar o tramo oito - segunda pasada por Cassidy, onde Loeb tivo problemas pola mañá; grazas a iso pecha a xornada como líder do rallye

"Foi un bo día," comentou Solberg. "Mantiven a calma, controlei e síntome xenial. Para min o máis importante é saber que Seb está por detrás de min."
Solberg sairá o segundo día á fronte do pelotón, o que significa que deberá varrer a pista de grava. "Sinxelamente teño que atopar o equilibrio,"dixo o Campión do Mundo 2003. "Seb fixo un bo traballo hoxe [varrendo a pista] e eu tampouco o fixen nada mal saíndo a continuación"
O piloto de Ford, Jari-Matti Latvala, é segundo na clasificación provisional, a pesar de que comentou que non se sentía moi satisfeito coa súa pilotaxe durante o bucle da mañá. A continuación atópase clasificado o piloto do Citroën Junior Team, Sebastien Ogier, que gañou tres do oito tramos disputados o venres.
Dani Sordo é cuarto absoluto co segundo C4 oficial, e liderando a carreira durante dous tramos. Na asistencia remota de Whangarei, o español admitiu que podería non ser capaz de manter o liderado pola tarde, e resultou ter razón. "A mañá ha ir ben, pero non decidirá o rallye," sentenciou Sordo. "Non hai moita diferenza entre os pilotos, estou moi contento e estouno gozando."

Mikko Hirvonen é quinto absoluto co segundo Focus oficial e admitiu que non se sentía satisfeito coa súa actuación. ?Ataquei duro e non cometín erros, pero non podía correr máis,? dixo o finlandés. ?Non foi un bo día.?
Matthew Wilson foi segundo no segundo tramo, pero as esperanzas do piloto británico de repetir o resultado hanse evaporado no tramo tres, onde a xanela do seu lado do coche rompeuse e permitiu a entrada de po e cristais ao interior do vehículo. "Que pesadelo!," dixo. "Estabamos nunha recta longa e esborrallouse. Nunca antes pasara, e non pasamos por ningunha zona de compresión nin nada polo estilo."

A recuperación de Loeb do seu incidente no tramo catro ha ir acompañada dun scratch no TC7. Aínda que o francés deuse por vencido en canto a lograr a súa cuarta vitoria consecutiva, aínda cre que é posible finalizar no podio. "Será duro pero tentarémolo," comentou ao final do primeiro día de competición, o cal pechou en sétima posición absoluta.


Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba