ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALBERTO HEVIA GAÑA O 46º RALLY RIAS BAIXAS

O asturiano Alberto Hevia, ao volante dun Skoda Fabia S2000 e con Alberto Iglesias como copiloto, impúxose no Rally Rías Baixas, cuarta proba puntuable para o Campionato de España desta especialidade sobre asfalto. Segundo foi o piloto local Alberto Meira co seu Mitsubishi Lancer Evo X.
O 46º Rallye Rías Baixas Vodafone Gran Premio Turismo de Vigo estivo marcado pola meteoroloxía, sobre todo polas primeiras choivas da mañá que foron un gran problema para algúns e estiveron moi ben aproveitadas por outros, como é o caso de Alberto Hevia, o gran vencedor. O piloto asturiano, tras tentear o terreo no primeiro tramo (As Neves, 14,35 km) onde foi terceiro por detrás dos galegos Alberto Meira e Víctor Senra (Mitsubishi Lancer Evo X), deixou claro quen mandaba no tramo máis longo e complicado, o de Covelo, onde no asfalto combinábanse zonas molladas con outras secas. Hevia sóubose adaptar moi ben, marcou o mellor tempo (14:42:10) e levantouse á primeira posición da xeral. Un posto que xa non abandonaría en todo o día, xa que marcou o mellor tempo en catro tramos máis. Esta vitoria permítelle manterse vivo na loita polo Campionato de España de Rallyes de Asfalto.
A grata sorpresa do día foi a segunda posición de Alberto Meira, que con moito traballo e dosificando moi ben os tempos, sobre todo nos tramos da tarde, subiuse ao podio. O piloto de Vincios logrou o mellor tempo nas Neves, pero pasouno moi mal en Covelo, onde perdeu máis de 25 segundos con Hevia. Meira recuperouse ben e na segunda pasada polas Neves marcou o segundo tempo e comezou a asentarse na segunda posición, que xa non ía abandonar. O piloto de Vincios só levantou o pé do acelerador nos dous últimos tramos, onde uns pequenos problemas no seu coche levárono a non arriscar e iso notouse nos tempos marcados (foi quinto). A pesar diso, Alberto Meira logrou o seu obxectivo e subiu ao podio na Porto do Sol.
Se a sorpresa foi Alberto Meira, a remontada protagonizouna Miguel Fuster (Porsche 911 GT3) que ao final conseguiu un posto de podio, terceiro, tras unha xornada matinal nada propicia para os seus intereses. O piloto alacantino, líder na clasificación xeral do Campionato de España de Rallyes de Asfalto, comezou moi mal esta edición do Rallyes Rías Baixas xa que o asfalto mollado das Neves non era o mellor para o seu Porsche 911 GT3 e só puido marcar o noveno tempo. Se no primeiro sufriu, no segundo, o temible tramo de Covelo, moito máis xa que as zonas molladas e as secas que había na estrada era un perigo para o seu coche, que non pasou da undécima posición. A partir dese momento as cousas foron mellorando para o alacantino, que vía que a medida que se secaba o asfalto aumentaban as súas posibilidades de ir recortando posicións. E así foi: cuarto na segunda pasada polas Neves, segundo en Covelo, primeiro en Fornelos? E o mellor aínda estaba por chegar. A súa exhibición chegou pola tarde onde marcou tres scratchs (Ponteareas e as dúas pasadas por Mondariz) e conseguiu recortar posicións levantándose desde a novena posición até a terceira. O resultado permítelle manterse á fronte da clasificación provisional do Campionato de España.
O gran duelo das "Rías" mantivérono Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo X) que acabou cuarto e Jonathan Pérez (Peugeot 207), xa que ambos chegaron ao último tramo do día co mesmo tempo, grazas sobre todo a que Jonathan Pérez recortou distancias co galego na xornada vespertina. Pedro Burgo mantivo o sangue máis frío en Mondariz e superou ao cántabro, que entrou dous segundos por detrás vendo como as súas posibilidades de acabar cuarto se esfumaban. Burgo tívose que conformar con ese triunfo parcial despois de ocupar case todo o día postos de podio. Fuster, na súa remontada, leváballo a el tamén por diante.
As malas noticias nesta edición do Rallye Rías Baixas protagonizounas Víctor Senra (Mitsubishi Lancer Evo X), que tras marcar o segundo mellor crono no primeiro tramo do día (As Neves) tivo que abandonar no quilómetro oito de Covelo, no mesmo onde xa abandonara o ano pasado, por un problema na caixa de cambios.
Saída de pista
A mesma sorte correu o equipo 18 dos irmáns Pais (Mitsubishi Lancer Evo X), que sufriron unha saída de pista en Covelo e tiveron que abandonar. Igual que Gorka Antxustegui (Suzuki Swift S1600), na primeira pasada en Mondariz, e Xabier Lujúa (Mitsubishi Lancer Evo X), que abandonou por un problema coa gasolina na ligazón do final do tramo nove.
Joan Vinyes (Suzuki Swift S1600) non abandonou pero pasouno moi mal durante todo o rallye. Acabou sexto na xeral, tras sufrir co asfalto mollado e sufrir unha picada no TC8 (Mondariz) que acabaron coas súas posibilidades de remontar.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba