ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

ALONSO CONSIGUE SER SEGUNDO EN BARCELONA


Mark Webber logrou hoxe unha incontestable vitoria no Gran Premio de España aos mandos do velocísimo Red Bull RB6, pero o segundo posto asinado por Fernando Alonso é aínda máis significativo na loita por este Mundial 2010, xa que o asturiano sae de Montmeló a tres puntos de Jenson Button, que segue á fronte do campionato de pilotos.

A carreira disputouse finalmente sobre seco, e con boas temperaturas. O Red Bull parecían encamiñados cara ao dobrete, pero entre eles interpúxose un lúcido Lewis Hamilton, que aproveitou a parada en boxes de Sebastian Vettel para empolicarse á segunda posición.

Alonso parecía destinado a manterse no estable cuarto posto que ocupou durante case toda a carreira, pero nos últimos xiros recibiu dous golpes de sorte, tan imprevistos como agradecidos. O primeiro, unha saída de pista de Sebastian Vettel na chicane do Mais da Moreneta que lle obrigou a pasar por boxes para substituír os seus neumáticos por segunda vez (os líderes só se detiveron unha vez). O segundo golpe de sorte chegoulle do seu ex compañeiro de equipo Lewis Hamilton, que sufriu o rebentón do seu pneumático dianteiro esquerdo a falta de tan só tres voltas para o final, e que supuxo o abandono do británico de McLaren e o consecuente ascenso de Fernando até a segunda posición final.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba