ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

PABLO REY, PREPARADO PARA AFRONTAR A COPA SUZUKY SWIFT

Esta semana iníciase a terceira tempada da Copa Suzuki Swift na que por segundo ano consecutivo participarán Pablo Rei e Miguel Uzal, subcampións en 2009.

A copa monomarca por excelencia do Campionato de España de rallyes sobre asfalto contará con sete probas entre as que destacan o tres galegas (Rías Baixas, Ourense e Ferrol), que se disputarán de forma consecutiva tras o Cantabria Infinita, que será o rallye no que dará comezo o certame o vindeiro venres.

Coa debida cautela, Pablo Rei afronta esta primeira cita co obxectivo de conseguir un bo resultado para tentar estar no podio, aínda que el mesmo afirmaba antes de partir cara a Cantabria que "non será fácil loitar pola vitoria, xa que fai cinco anos que non roda sobre os tramos cántabros, que ademais cambiaron bastante sobre o que coñecía, sendo o seu percorrido practicamente novo para min". Pero non cabe dúbida de que Pablo Rei, como subcampión do ano pasado, converterase nunha referencia para o quince equipos restantes que están inscritos.

O Rallye Cantabria-Infinita varía o seu desenvolvemento das últimas edicións para realizar dous tramos na noite do venres, ao que sumarán outro seis durante a mañá do sábado, para finalizar na contorna do Estadio do Sardinero de Santander ás 14:24 horas.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba