ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

RAIKKONEN XA É DO JUNIOR TEAM CITROEN

Aínda que, a finais da semana pasada, o xefe deportivo de Citroën, Olivier Quesnel, puntualizaba que nunca había tan sequera telefonado a Kimi Raikkönen, significa entón que as negociacións co finlandés han ir moi rápido. Xa que, segundo informa MTV3, o contrato asinouse hoxe mesmo.

Así que despois da súa saída da Scuderia, a ameaza de Kimi de irse aos rallies cumpriuse; a súa negativa a Mclaren tampouco foi casualidade, e polo menos durante unha tempada cambiará de especialidade. Da Fórmula 1 aos rallyes. Raikkönen asinou co Junior Team de Citroën, o cal significa que pilotará o mesmo C4 que o campión do mundo Sebastian Loeb.

Expertos, como Peter Solberg, vaticinan bos resultados ao finlandés, e colócano xa entre o cinco primeiros co material que terá á súa disposición en 2010. O seu compañeiro de equipo, será Sebastien Ogier. Co que o primeiro equipo de Citroën, formado por Loeb e Sordo, permanecerá intacto.

A conexión co patrocinador de Citroën, Red Bull, podería significar que Kimi tería a porta aberta para regresar á Fórmula 1 en 2011 no equipo Red Bull, no caso de que Kimi tivese ganas, despois de experimentar un ano nos rallyes, de volver á Fórmula 1 e ocupar así o sitio de Mark Webber.

O finlandés podería debutar en casa, do 28 ao 30 de xaneiro, no Arctic Lappland Rally, en Finlandia. E a primeira carreira do mundial de rallyes daría comezo a metades de febreiro en Suecia. O contrato con Citroën liga a Kimi para as 13 carreiras de que consta o WRC.

A Fórmula 1, por tanto, di de momento adeus a Kimi, e quen sabe si no futuro volveremos verlle na categoría reina. Oxalá que si; o ano que vén notarase a súa ausencia.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba