ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

O RIAS BAIXAS MELLOR RALLY DO NACIONAL 2009

A última edición das Rías Baixas Vodafone foi considerado pola Federación Española de Automobilismo o mellor rally de asfalto de cuantos compoñen o Nacional da disciplina. A entidade que preside Carlos Gracia concedeu á proba viguesa a máxima puntuación do once rallys que se celebraron ao longo do ano tras analizar aspectos como a seguridade, relación cos participantes, acollida do público e difusión da proba.
É unha noticia que o presidente da Escuadra Rías Baixas, Fernando Mouriño, recibiu con moita satisfacción porque "recompensa o esforzo e traballo que realizan durante meses e de forma desinteresada, máis de 800 persoas". Ademais a proba viguesa recupera a posición que o pasado ano arrebatoulle o Rally Príncipe de Asturias: "Doeunos perder esa máxima puntuación, despois de ser considerado o mellor rallye do nacional durante tres anos consecutivos, nas edicións 41, 42 e 43. Tiñamos esa espiña cravada e conseguimos quitárnola". O reto non era fácil porque corenta anos despois o Rally Rías Baixas Vodafone incluía a disputa dun tramo urbano nas inmediacións de Samil o que obrigaba á organización a redobrar esforzos e aumentar a seguridade. "Atraíanos o feito de devolver as "Rías" á cidade pero tamén sabiamos que pagariamos caro calquera erro. Iso esixiunos dar o máximo. O público tamén respondeu de forma positiva, soubo estar á altura e ao final, todo saíu ben".
A 45ª edición deixou moi alto o listón organizativo, así que a Escuadra Rías Baixas xa traballa para que a 46º estea polo menos, á mesma altura. O Rallye Rías Baixas Vodafone de de 2010 celebrarase o último fin de semana do mes de maio.

Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba