ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

O NUPEL TEAM CADA VEZ MAIS GRANDE

O Nupel Team prepara un 2010 repleto de actividades dirixidas a todos os afeccionados ao mundo do motor. O equipo foi recibido este mércores polo subdelegado de Goberno en Lugo, Vázquez Portomeñe, acto no que se fixeron públicas as distintas actividades. Desde cursos de condución, até campus de verán, másteres ou a incursión en novas competicións como o campionato de España de rallyes feminino, o Nupel confecciona a súa axenda.

Ademais da disputa do Mundial con Xevi Pons e Álex Haro, e o Nacional con Sergio e Diego Vallejo, por unha banda, e Álvaro Muñiz, por outra, o equipo de Lugo aposta por outros pilotos. A valenciana Marta Suria e a lucense Sonia López correrán no Nacional de rallyes feminino. O equipo tamén apostará polo mozo Adrián Díaz, que participará nalgunhas probas do Nacional. O próximo ano haberá cambio de marca, xa que todos os integrantes do Nupel correrán con Ford. Pons, Vallejo e Muñiz farano cun Súper 2000 e Suria e Díaz cun R2; no que o piloto de Meira asegurou que é "un reto, ademais de por a posta a punto, pola reciclaxe a nivel de pilotaxe".
O Nupel tamén se centrará na formación. Así, creará unha escola de condución en competición en Rábade, na que se impartirán cursos a afeccionados desde os 6 anos (divididos en grupos de idades). A iniciativa, que en principio se celebrará os fins de semana, non se centrará só en temas automobilísticos impartidos por profesores de perfeccionamento e técnicas de condución, senón que tamén atenderá a outros aspectos con clases de inglés, educación física, xestión ambiental ou nutrición. O Nupel espera que unhas 2.000 persoas apúntense a esta iniciativa.

A parte teórica celebrarase en Rábade, mentres que a práctica será, nun principio, no circuíto da Pastoriza. O equipo está pendente de asinar un convenio co aeródromo de Rozas para a cesión duns terreos durante 25 anos nos que construirá as súas propias infraestruturas para celebrar nelas as clases tanto teóricas como prácticas.

Ademais dos cursos de formación, tamén traballan nun campus de verán e un máster impartido entre a escola de Rábade e outra de Inglaterra. O propietario de Nupel, Jorge Dorribo, e o mánager do equipo, Luís Moya, indicaron que as iniciativas crearán "máis de 30 postos de traballo en Lugo".
Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba