
O portugués
Bruno Magalhaes campión de rally do seu país, finalizou hoxe (foto) un intensivo test nos Alpes franceses-con moita neve- co Peugeot 207 dos concesionarios lusitanos, co cal ratifica a súa presenza no IRC. A unidade é absolutamente nova e debutará no rally monegasco conformando a armada francesa encabezada por
Kris Meeke.
Pola súa banda, o belga
Freddy Loix, non chegou a un arranxo co
Kronos Racing e correrá cun Skoda Fabia de
Rene George, escuadra coa que espera ratificar a súa continuidade na tempada 2010.
O veterano belga foi dúas veces subcampión do Challengue, donde se iniciou cun Grande Punto, para correr 3 anos en Peugeot e debutar coa marca checa a partir de Montecarlo.

MAGALHAES CON PEUGEOT E LOIX CON SKODA
0 comentarios:
Publicar un comentario