ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

REGULAMENTACIÓN FIA

Está previsto que na sua seguinte reunión o vindeiro 17 de marzo, o Consello Mundial da FIA aprobe a nova regulamentación técnica, na cal eliminaráse o turbo para os novos coches do mundial de rallyes.
A FIA ten a última palabra no que se refire a próxima xeración de coches WRC, e é posible que lle de luz verde os coches basados no Súper 2000 provistos de un kit.
Nembargantes, si as primeiras propostas incluían modificacións relacionadas a turbo-alimentación e a caixa de cambios, o kit actual podese basar so en compoñentes da estructura.


ABRIR + | PECHAR -

Simon Long, da empresa promotora do Campeonato do Mundo de Ralis, ISC,comentou que esta regulamentación aseguraría o rasgo diferencial para os novos coches WRC: “A regulamentación técnica do WRC depende da FIA,mais poidemos participar notablemente no desenrolo da mesma nas duas últimas semanas e ofrecer noso punto de vista particular.

Pensamos que os coches do mundial de ralis deben ter un sitio único na pirámide do automovilismo. Noso campeonato está a un nivel máis alto comparandono cos demáis,e temos que acentualo. O que estamos a buscar é un coche que se diferencie da maioría,e o aspecto que teñaa é unha parte importante do seu ADN.

“A nova regulamentación técnica para os WRC, a cal depende do Consello Mundial do Automovilismo,prevé cos coches se basen nun Súper 2000 provisto dun kit aerodinámico que o diferencie dos demáis coches. Queremos que o ver e oír un coche WRC a xente diga: “Ése é o que está no cumio da pirámide.”

A idea de usar un motor turboalimentado nun Súper 2000 para desenrolar os coches WRC foi descartada para abaratar os costes de fabricación,co fin de animar a máis constructores a inscribirse no certamen.

“Recoñecemos que agora mesmo, tendo en conta a actual situación económica, temos que ofertar o máximo de incentivos tanto os constructores como os equipos privados que participan no campeonato, e iso supon reducir costes tanto como sexa posible,” explicou Long. “O kit para o Súper 2000 está diseñado tendo iso en conta, menor coste de fabricación coa seguridade real de que a regulamentación técnica non fomentará unha inversión no desenrolo desmesurada.”

Os actuales coches WRC inda se poderán usar no 2010, sempre que estén adaptados, pero non estarán permitidos a partir do 2011. Long explicou que para enton deberán usarse coches co motor de turbo-alimentación, de menor capacidade (uns 1600cc).
“O turbo non desaparecerá,”dixo Long. “Agora mesmo necesitamos o mellor remedio a curto plazo para atraer a novos constructores. Entendemos que a industria en xeral movese na dirección de facer motores máis pequenos e con maior eficacia enerxética e o turbo é inevitablemente parte delo .”


Share/Save/Bookmark

2 comentarios:

Engr. Rajib Roy dijo...

http://www.wvss.net
http://www.mebreaks.com
http://www.seo-mama.com

J.Manuel Otero G. dijo...

Este blog si que me mola.Noraboa

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba