ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

TRES CAMPIÓNS EN PORTUGAL

No apartado WRC haberá máis gañadores do Campionato de Pilotos FIA que en cualquera outra proba dende o 2007, con Marcus Grönholm - campión en 2000 y 2002 -, ademáis do campión 2003 Petter Solberg e o campión do certamen dende o 2004, Sebastien Loeb.


ABRIR + | PECHAR -

Os cinco equipos que puntúan para o certamen de Constructores inscribironse no Rali de Portugal: o equipo Citroën Total, como sempre, contará cos seus dous pilotos, Sebastien Loeb e Dani Sordo, mentras que o equipo Júnior da marca francesa participará con tres coches, dous para Evgeny Novikov e Conrad Rautenbach, os cales serán os encargados de puntuar, ademáis de outro C4 para Sebastien Ogier.Mikko Hirvonen e Jari-Matti Latvala puntuarán de novo para o equipo BP Ford Abu Dhabi Team, mentras que Khalid Al Qassimi participará co terceiro coche oficial. A outra formación de Ford, Stobart VK M-Sport, estará presente na proba con dous coches pilotados por Matthew Wilson e Henning Solberg. Federico Villagra cerra as inscripcions entre os equipos constructores co seu Focus RS WRC do Munchi’s Ford World Rally Team.

Ademáis dos equipos mencionados, haberá un total de nove equipos privados dispostos a dar guerra no WRC, encabezados por dous grandes pilotos deste deporte, Petter Solberg e Marcus Grönholm. Solberg volverá a correr co antiguo pero efectivo Citroën Xsara WRC, mentras que Grönholm e seu copiloto Timo Rautiainen deixaronse convencer para pilotar un Subaru Impreza WRC08 de Prodrive.

Os seis primeiros pilotos da clasificación do P-WRC tamén estarán en Portugal para disputar a terceira cita do certamen de Producción. O piloto do Skoda Súper 2000, Patrik Sandell, encabeza a clase, pero é probable que o gañador das duas probas anteriores teñase que enfrentar a unha dura competencia por parte de Armindo Araujo, Martin Prokop e Eyvind Brynildsen.

Michal Kosciuszko participará dentro do certamen de duas rodas motrices, o J-WRC; gracias a ausencia dos dous pilotos que están por diante dél na clasificación xeral, Aaron Burkart e Martin Prokop, unha victoria podría situalo na cabeza do certamen.

LISTA DE INSCRITOS>>>



Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba