ir abajo
VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI VAMOSDERALI !!!

JENSON BUTTON GAÑA EN AUSTRALIA

Final incerto na primeira carreira da tempada 2009 da F1. Button gaña con claridade e un accidente entre Vettel e Kubica provoca que a proba termine cun Safety Car. Barrichello completa un doblete histórico para BrawnGP.


ABRIR + | PECHAR -

Jenson Button acadou co Brawn GP a victoria no Gran Premio de Australia, a carreira inaugural da tempada 2009 da Fórmula 1. O piloto ingles dominou a proba do principio o fin, o que demostra a supremacía do equipo blanco nado das charamuscas de Honda.E si isto deixa algúnha dúbida, o segundo posto acadado por Rubens Barrichello deixa claro un panorama glorioso para Ross Brawn, seus pilotos e todos os membros dunha escudería que estivo cerca da desaparición.

En todo caso, o podio formado polos dous homes Brawn e o italiano Jarno Trulli merece unha explicación. En realidade, Sebastian Vettel e Robert Kubica ocuparon a segunda e a terceira posicions durante todo o Gran Premio, pero tiveron un toque entre eles a falta de tres voltas para o final no que romperon os seus aleróns dianteiros. A partir de ahí, primeiro Vettel e logo Kubica foronse violentamente contra o muro e comfirmaron asi os seus abandonos, que deixaron vía libre o Toyota de Jarno Trulli para subirse o podio dun Gran Premio no que empezóu dende os boxes, o igual que o seu compañeiro de equipo Timo Glock (por irregularidades no seu alerón traseiro detectadas onte sábado).

Por detrás de Button, Barrichello e Trulli, atopamonos cun Lewis Hamilton que supo sacar petróleo dun McLaren que está lonxe dos mellores coches da parrilla. Moita constancia nos seus tempos e bos adiantamentos o levaron o cuarto posto, xusto por diante de Timo Glock e o segundo Toyota. Por detrás deles,e nunha meritoria sexta plaza, Fernando Alonso conseguíu tres puntos moi importantes para o Mundial cun Renault bastante lento durante toda a carreira. No foi fácil para Fernando, porque xa na saida tivo que evitar pola grava un toque entre Heidfeld e Webber perdendo varios postos.En todo caso, a fiabilidade acompañou o bicampeón asturiano que aproveitou os abandonos que se produciron na parte dianteira do pelotón para acabar nesta valiosa sexta posición sin cometer erros.

Polo xeral, a carreira foi entretida e os adiantamentos tiveron un papel protagonista, o que confirma o avance fruto da nova regulamentación técnica. Iso sí, tan só dous coches dos que puntuaron montaban KERS (Hamilton e Alonso), e iso contando co abandono de Vettel e Kubica nas últimas voltas.

¿E ónde están os Ferrari? Ambo-los dous fora de carreira, probablemente víctimas da complexidade dos seus coches. Felipe Massa tivo problemas hidráulicos e Kimi Raikkonen tampoco poido evitar os problemas mecánicos, si ben demostrou un potencial digno de podio en canto a velocidade pura. Tendrán que esperar a semana que ven para intentar resarcirse no Gran Premio de Malasia.




Share/Save/Bookmark

0 comentarios:

Publicar un comentario

© Copyright

Creative Commons License
MyFreeCopyright.com Registered & Protected

2011

 
ir arriba